Friday 26 de April de 2024

As Somozas destina 35.587 euros para instalar novas luminarias na Pena de Eiriz e na Toca


• Renovaranse en total 55 luminarias, cambiando as lámpadas actuais por luces LED e pintando e limpando os báculos.

O Concello das Somozas acaba de adxudicar o proxecto para a instalación de novas luminarias na Pena de Eiriz e na Toca.

O proxecto, que contaba cun orzamento de 35.587 euros, é unha aposta do goberno local pola eficiencia enerxética, logrando unha mellor iluminación, maior aforro na factura e menos emisións contaminantes.

A través desta actuación renovaranse un total de 55 puntos de luz, 39 en Pena de Eiriz e 16 na Toca cambiando as lámpadas actuais por outras tipo LED, protexendo os báculos mediante a súa limpeza e pintado e instalando protectores de sobretensión.